Se queres ter fillos tes a...
Cesta Benvida
Que é?
A Cesta Benvida é un agasallo que reciben todas as nais e pais cando acaban de ter un fillo. Contén produtos básicos para os seus primeiros días de vida e entrégaa a Xunta de Galicia directamente no hospital sen necesidade de solicitala.
Que entidades colaboran na súa elaboración?
A Cesta Benvida, ademais de ser práctica, é tamén solidaria xa que contén produtos elaborados ou rematados por usuarios de máis de 20 entidades sociais destinadas á protección á infancia ou á atención ás persoas con discapacidade de Galicia. Sen a súa achega sería imposible entregar este agasallo a todas as mamás e papás.
Entidades colaboradoras:
Asociación Íntegro, Irmás Hospitalarias Pai Menni, Fundación Discapacidade Intelectual Barcala, Aspaneps, Asociación Pascual Veiga, Apader, Afexdi, Asociación Saúde Mental Ferrol-Eume-Ortegal, Amicos, Centro Ocupacional Vilalba Terra-Chá, Asfaval, Aspadisi, Asociación con Eles, Asociación Juan XXIII, Apamp, Esclavas Virgen Dolorosa de Mos, Asociación Aspavi, Asdivalu, Ágora Monforte, Aspanaex, Doral Residencias, Aceesca, Virgen de la O e Fundación Igualarte.
Que produtos contén?
As Cestas Benvida inclúen a cartilla de vacinación cos test precisos para a detección de enfermidades metabólicas, que deberá levarse a cabo nos primeiros cinco días de vida do bebé.
O resto de produtos pode variar en función da capacidade de produción das entidades sociais colaboradoras, podendo incluír cueiros, toalliñas, esponxa, xampú, auga perfumada, crema balsámica, libro de contos, muselina…