Se queres ter fillos tes a...
Tarxeta Benvida

Qué e?
A Tarxeta Benvida é unha axuda económica para as familias, que busca colaborar nos gastos que supón o nacemento dunha nena ou neno, a súa adopción ou garda con fins adoptivos.
Quen pode recibir a Tarxeta Benvida?
- As persoas que acaben de ter bebés, adopten ou asuman a garda con fins adoptivos dun ou máis nenos.
- Os galegos ou descendentes de galegos que se atopen na situación anterior e retornen a Galicia desde algún país de fóra de España.
- As personas que non obtiveron Tarxeta Benvida por superar o límite de renda nas dúas convocatorias anteriores ou que a obtiveron pero só por un ano. Se experimentaron unha redución na súa renda, poden volvela solicitar para ter dereito á extensión da Tarxeta Benvida para o segundo e terceiro ano de vida do neno.
Que requisitos hai que cumprir?
- Ter residencia habitual en Galicia.
- Que na última declaración do IRPF a renda da unidade familiar non supere os 45.000 euros (sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro) ou ben os 13.500 euros de renda por cada membro da familia.
De que importe é a Tarxeta Benvida?
Durante o primeiro ano, 1.200 euros. Se o fillo que naceu é o terceiro ou algún dos seguintes, a contía será de 2.400 euros.
Durante o segundo e terceiro anos (unha extensión á que teñen dereito as familias cunha renda igual o inferior a 22.000 euros), a contía varía:
- 600 euros ao ano se é o primeriro fillo,
- 1.200 euros ao ano se é o segundo fillo,
- 2.400 euros ao ano se é o terceiro fillo ou algún dos seguintes.
Para as familias que vivan nun concello con menos de 5.000 habitantes, a Tarxeta Benvida increméntase un 25%:
- En lugar de 600 euros será de 750.
- En lugar de 1.200 euros será de 1.500.
- En lugar de 2.400 euros será de 3.000.
Que prazo teño para solicitar a Tarxeta Benvida?
Se queres, podes pedila durante o embarazo. Se non, tes dous meses que empezan a contar desde o día seguinte ao nacemento, á resolución de garda con fins adoptivos ou ao día en que se constitúe a adopción.
Se es unha persoa emigrante retornada e a túa filla ou fillo naceu fóra de Galicia, dispós de tres meses que comenzan a contar desde o día seguinte á data do teu retorno.
Que produtos podo mercar coa tarxeta?
Calquera produto básico para o neno: leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, berces, artigos de paseo e de viaxe e produtos de hixiene infantil ou farmacéuticos.
Como se cobra?
A axuda aboarase directamente na Tarxeta Benvida, unha tarxeta moedeiro que levará o nome da persoa que a solicitou. Esta tarxeta poderá ser empregada en farmacias, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia de Galicia.