Gratuidade en Escolas infantís

Se queres ter fillos tes...

Gratuidade en escolas infantís

Que é?

Desde o curso 2022-2023 as escolas infantís de Galicia son gratuítas, tanto as públicas como as privadas. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en ofrecer educación infantil de 0 a 3 anos de forma gratuíta.

Desde o ano 2020 a educación infantil en Galicia xa era de balde para os segundos fillos e sucesivos.

Que familias poden beneficiarse?

Todas as familias con nenos de entre 3 meses e 3 anos que estean inscritos nalgunha escola infantil de Galicia adherida ao programa da gratuidade.

Como se solicita?

Non é necesario facer solicitude

A escola infantil aplicará directamente o desconto do 100% do custo da atención educativa e da matrícula. Será a Xunta de Galicia quen aboe o custo do servizo ao centro educativo.

Inclúe o servizo de comedor?

A gratuidade aplica á atención educativa (actividade realizada dentro da aula en horario ordinario) e á matrícula, pero non aos servizos complementarios como o comedor ou calquera outro que ofrezca o centro.

Que escolas están adheridas?

Todas as escolas infantís de Galicia poden adherirse, tanto as públicas, como as privadas, as de iniciativa social ou de calquera outra índole.

A práctica totalidade das escolas infantís de Galicia están adheridas á gratuidade.

Os centros deben anunciar a gratuidade fisicamente nas súas instalacións, na páxina web e nas redes sociais en caso de telas.